O Club de Natación Oleiros é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia desde abril de 2014, que se creou co obxectivo de practicar natación, así como a participación en competicións oficiais.
A xunta directiva quere formar un club vinculado ao Concello de Oleiros, no que os nenos e nenas de Oleiros que comecen nas escolas municipais de natación e queiran
seguir practicando este deporte, poidan facelo no Concello.
O noso interese non só se centra na competición de categorías superiores, senón que queremos prestar o máximo interese na formación de novos atletas das categorías
inferiores e, polo tanto, aumentar o interese pola natación entre os veciños da localidad.
Temos un equipo competente e eficiente, con amplos coñecementos técnicos. Os nosos puntos fortes son: unha ampla experiencia e un concepto extraordinario de atención ao
cliente.
Estaremos encantados de mostrarlle todas as posibilidades e opcións á súa disposición.